Escoitar

O alcalde felicita a APAMP polo seu labor a prol das persoas con parálise cerebral

Abel Caballero, xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, inaugurou o mural cerámico que decora unha das paredes frontais do local da entidade, na rúa Miguel Hernández, realizado por APAMP e por máis de 300 vigueses.

xoves, 22 nov 2018
1542894357apamp.jpg
Durante o acto de inauguración desta peza artística, o rexedor trasladoulle aos membros de APAMP a súa felicitación polo labor que desenvolven loitando na defensa dos dereitos das persoas e familias con parálise cerebral. Amais, eloxiou o valor artístico do mural cerámico no que traballaron integrantes da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral e no que participaron máis de 300 cidadáns vigueses.

O mural, de seis metros de longo, colocouse nunha das paredes frontais do local da entidade, situado na rúa Miguel Hernández coa Avenida da Florida e é a segunda intervención artística urbana que realizan. Caballero achegou o seu grao de area na terceira proposta de arte, que están realizando nestes momentos, calcetando unha peza de la.
Descargar todas as imaxes