Escoitar

O goberno local adica 2 millóns de euros a bolsas de comedor e de libros para centros de Primaria e Secundaria

O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro con responsables de centros educativos de Primaria e de Secundaria da cidade aos que reiterou o compromiso municipal para seguir atendendo as necesidades do alumnado a través das achegas de comedor e de libros. O Concello adica 1,2 millóns de euros a axudas de comedor, incrementando a partida en 137.000 euros para poder atender todas as peticións. A esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que xestiona FOANPAS. As bolsas para libros teñen orzamento de 110.000 euros.

xoves, 22 nov 2018
1542894495becascomedor.jpg
Descargar todas as imaxes