O goberno municipal pon en marcha un Programa de Integridade na contratación pública
O alcalde explicou este mércores o procedemento que segue o goberno local e apuntou que, amais, a cidade dirixe o grupo de Integridade Pública da FEMP e ten unha puntuación de 98,8 puntos de 100 no índice de Transparencia Internacional.
Abel Caballero adiantou que a Xunta de Goberno Local dará luz verde a un Programa de Integridade na Contratación pública que forma parte da inserción total na nova Lei de Contratos do Sector Público e dentro da estratexia global e transversal na organización municipal.
Así, constituirase un Comité Técnico de Integridade na Contratación, en base ao principio reitor da Lei de contratación pública que obriga a adoptar medidas axeitadas para loitar contra todo tipo de opacidade e darlle máxima garantía e transparencia aos procesos de licitación.
Segundo o rexedor, en Vigo "somos os primeiros en España, non sabemos doutra cidade que teña nestes momentos o programa". Amais, neste ámbito o Concello é socio Titular da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e Participación cidadá da FEMP e os técnicos vigueses "pilotan e dirixen o grupo de Integridade Pública da FEMP" e o goberno municipal foi recoñecido con cinco boas prácticas pola Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación cidadá da FEMP.
Caballero tamén apuntou os datos de Transparencia Internacional que sitúan a Vigo como a primeira cidade de Galicia con 98,8 puntos de 100 no Índice de 2017, fronte a Santiago (91,9) ou A Coruña (83,1) e contrapuxo esta cifra do Concello á da Xunta de Galicia que se sitúa na posición 13 de 17 Comunidades Autónomas con 91,9 puntos de 100 en Transparencia.