Escoitar

O alcalde avoga por seguir cooperando con Cáritas "sumando novas sinerxias"

O Concello intensificará a súa cooperación con Cáritas "con máis proxectos conxuntos e sumando sinerxias para ser máis eficientes". Así o dixo o rexedor logo de visitar as instalacións que esta ONG ten na rúa García Barbón.

martes, 20 nov 2018
1542722264caritas.JPG
O alcalde de Vigo visitou esta mañá as instalacións de Cáritas en Vigo onde tivo oportunidade de coñecer os distintos programas de apoio social que desenvolve esta ONG na cidade. En posteriores declaracións aos medios, Caballero "recoñeceu" o traballo desta entidade e reafirmou a súa vontade de seguir a cooperar con Cáritas implementando "máis proxectos conxuntos e sumando sinerxias para ser máis eficientes". Concello e Cáritas, entre outras cuestións, a través do Plan do Emprego Municipal e tamén o farán a través do proxecto textil que ten en marcha a ONG, unha iniciativa que o alcalde "ve con moita simpatía".
Descargar todas as imaxes