O alcalde eloxia a Reconquista como "bastión de cultura e de participación popular"
Este luns presentouse o cartel da vixésimo quinta edición da Festa da Reconquista -os próximos días 30 e 31 de marzo-, obra da artista Nuria Pazos. Abel Caballero felicitou á organización e avanzou a intención do Concello de "reforzar aínda máis" a festa de cara ao 2019.
Na súa intervención, o rexedor vigués valorou a Festa da Reconquista como unha "forma distinta de entender Vigo e o casco vello", un "carácter de cidade" que cualificou como "romaría urbana". Caballero indicou a vontade municipal de "reforzar" a celebración, engadindo algunha nova representación teatral.
Con respecto ao "excepcional cartel" que ilustra este ano a Festa -obra de Nuria Pazos, artista afincada en Luxemburgo-, o alcalde recalcou que "simboliza os tempos, a muller, a defensa do pobo, o futuro da cidade". "Seguiremos facendo da Reconquista un bastión de cultura e de participación popular", expuxo Caballero, quen animou a repensar o porvir da Festa: "o casco vello quedounos pequeno ao lado da afluencia de xente".
Descargar todas as imaxes