Escoitar

Vigo conta con 160 quilómetros de fibra óptica para o control da rede semafórica

O alcalde visitou este luns as instalacións da empresa Esycsa que se encarga do funcionamento e mantemento da rede semafórica viguesa, onde eloxiou a "excepcional" tecnoloxía que empregan.

luns, 19 nov 2018
1542634058191118EVAP_02.JPG
Esycsa (Empresa de Equipos de Sinalización e Control SA) conta con 40 empregados en Vigo para controlar todos os semáforos e luces semafóricas, que están monitorizados e centralizados a través de fibra óptica na sala de control do Concello.

Deste xeito, segundo explicou o alcalde Abel Caballero, ante o máis mínimo fallo ou disfunción, salta unha alarma que avisa á empresa de forma inmediata. A continuación, analízase o erro e eméndase. "Contan cunha tecnoloxía excepcional de funcionamento, con 9 monitores en servizo permanente e 160 quilómetros de fibra óptica para a atención dos semáforos", que serve para as ordes, o mantemento e o funcionamento que permite mecanismos de control en tempo real de todos os semáforos.
Descargar todas as imaxes