Escoitar

Abel Caballero subliña o valor do ciclismo e da bicicleta na presentación da Gran Bikedada 2019

O alcalde felicitou á organización da proba e puxo en valor a bicicleta como deporte, como forma de vida saudable e como elemento de mobilidade nas cidades. Caballero, quen avanzou que nos próximos meses estará rematado o carril bici entre Teis e Samil, comprometeu o apoio do Concello á sexta edición da cita.

luns, 19 nov 2018
1542634549191118Bikelada_01.JPG
A Gran Bikedada arrancou este luns no Hotel AC Palacio a súa sexta edición coa presentación do evento, da man de Pepe Xagarós pola organización e coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e numerosos colaboradores de clubs ciclistas e entidades patrocinadoras.

A Gran Bikedada chega á súa sexta edición con varias novidades. A cita terá lugar na fin de semana dos días 16 e 17 de febreiro e, no domingo, acollerá a proba habitual de bicicleta de montaña de gran fondo, con saída e chegada en Vigo e un percorrido ata o encoro de Eiras, en Fornelos de Montes. A organización promove a proba de gran fondo -con case 95 quilómetros de trazado-, fondo (63 quilómetros) e medio fondo (41 quilómetros). Como novidade, a proba ofrece un percorrido distinto e máis atractivo preto de Eiras para quen queira optar, chamado Extra Bike Fondo.

Xunto ao carácter solidario e ambiental da carreira, os organizadores incorporan no 2019 a Bikedada Baby, na tarde do 16 de febreiro, onde os pequenos de ata catro anos poderán coller o triciclo nun espazo habilitado ao efecto. Súmase ao tradicional circuíto ciclista infantil para nenos de entre 5 e 13 anos.

Por último, os organizadores ultiman a Bikedada Expo, unha mostra con produto, material e vestimenta ciclista, librería de ciclismo e deportes ao aire libre e un posto de nutrición deportiva. Ademais, para animar á práctica da vida saudable, a Gran Bikedada se complementa cun percorrido para todos os públicos no que camiñar, correr e danzar, bautizado como Vigo Cor&Dan.

A presentación deste proba no céntrico hotel vigués serviu ademais para facer entrega das distincións que quedaron pendentes na Gala polo 130 anos de Ciclismo Galicia. Así, recibiron este venres o seu galardón de mans do alcalde Lucía Vázquez, Isabel Castro e Desiree Duarte, todas elas campioas de España en distintas modalidades, José Teixeira, exciclista profesional, e María Troncoso, en representación de Coca Cola.
Descargar todas as imaxes