luns, 19 nov 2018
Este luns presentouse o cartel da vixésimo quinta edición da Festa da Reconquista -os próximos días 30 e 31 de marzo-, obra da artista Nuria Pazos. Abel Caballero felicitou á organización e avanzou a intención do Concello de "reforzar aínda máis" a festa de cara ao 2019.
luns, 19 nov 2018
Vigo adiantará ao día 23 a conmemoración do Día Internacional da eliminación das violencia contra a muller recuperando o xa tradicional Enlaza Vigo. Nesta ocasión, será o pavillón de As Travesas o que albergue o tapiz humano que formarán uns 2.000 estudantes de secundaria.
luns, 19 nov 2018
A Xerencia de Urbanismo outorgará hoxe a licencia de demolición do antigo hotel Samil, traballos que se estenderán durante catro meses cun importe aproximado de 100.000 euros. Tal e como está previsto as obras de construción do novo complexo hoteleiro arrancarán nos primeiros meses de 2019 e se prolongarán dous anos. <br />
luns, 19 nov 2018
O alcalde visitou este luns as instalacións da empresa Esycsa que se encarga do funcionamento e mantemento da rede semafórica viguesa, onde eloxiou a "excepcional" tecnoloxía que empregan.
luns, 19 nov 2018
O alcalde felicitou á organización da proba e puxo en valor a bicicleta como deporte, como forma de vida saudable e como elemento de mobilidade nas cidades. Caballero, quen avanzou que nos próximos meses estará rematado o carril bici entre Teis e Samil, comprometeu o apoio do Concello á sexta edición da cita.
luns, 19 nov 2018
O programa Vigo arrólate organiza o mércores 21 un obradoiro impartido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes e destinado a avoas, avós e persoas coidadoras de crianzas de 0 a 6 anos. O taller terá lugar ás 11.30 horas na Casa da Xuventude e ás 18.00 no IME ( Instituto Municipal de Educación)