Escoitar

Avoas e avós educadores: a difícil tarefa de educar

O programa Vigo arrólate organiza o mércores 21 un obradoiro impartido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes e destinado a avoas, avós e persoas coidadoras de crianzas de 0 a 6 anos. O taller terá lugar ás 11.30 horas na Casa da Xuventude e ás 18.00 no IME ( Instituto Municipal de Educación)

luns, 19 nov 2018
1542629318abuelo.jpg
Neste obradoiro traballarase unha guía, destinada a avoas e avós, para deixar de ser persoas coidadoras e converterse en educadoras; ofrecerá pautas para crear un espazo con posibilidades educativas, recursos e técnicas para educar gozando do tempo compartido coas netas e netos, e orientación sobre as necesidades psicolóxicas da infancia e da adolescencia.
 
Para avoas, avós e persoas coidadoras de crianzas de 0 a 6 anos.
Duración: 90 minutos
Entrada libre ata completar a capacidade
Descargar todas as imaxes