xoves, 22 nov 2018
Caballero informou da aprobación dos pregos de condicións e apertura da licitación desta obra, que presenta un prazo máximo de execución de 6 meses. A senda verde discorrerá polas antigas vías do tren, desde Teis ata Urzáiz, 3,6 quilómetros de carril bici e peonil que contará con pasarelas de acceso desde as rúas Navarra e Bos Aires.
xoves, 22 nov 2018
O alcalde de Vigo avanzou este mércores as actuacións programadas polo Concello por toda a cidade durante o Nadal. Abel Caballero sinalou que será editada unha guía para non perderse ningún dos atractivos das festas en Vigo.
xoves, 22 nov 2018
O goberno de Vigo clasificou as ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para a humanización de Camelias, entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade, e adxudicou definitivamente a remodelación dos pavillóns baixo a bancada de Río, en Balaídos. O orzamento de ambos proxectos é de 3,6 millóns.
xoves, 22 nov 2018
Abel Caballero, xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, inaugurou o mural cerámico que decora unha das paredes frontais do local da entidade, na rúa Miguel Hernández, realizado por APAMP e por máis de 300 vigueses.
xoves, 22 nov 2018
O alcalde explicou que mañá venres, co fin de favorecer os desprazamentos no centro da cidade con motivo do Black Friday, a liña de autobús urbano C1 amplía o seu horario realizando a última saída ás 23:30 horas e incrementa a súa frecuencia pasando cada cinco minutos, mentres a liña C2 fará a última saída ás 23:20 horas.