Escoitar

O Concello promove a creación e consolidación de emprego co VigoEmprende

O alcalde explicou que se trata dun servizo de información e asesoramento de balde dirixido a promover a creación de emprego e consolidación de novos negocios, un programa cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea cun orzamento de 200.000 euros, como parte do EDUSI Vigo Vertical.

mércores, 21 nov 2018
1542808426211118vigoemprende.jpg
O alcalde recibiu este mércores a unha representación dos usuarios do VigoEmprende, unha iniciativa que ofrece obradoiros formativos, titorías individualizadas e consultas sobre a actividade empresarial. O perfil tipo de usuario é unha muller maior de corenta anos con estudos superiores, explicou Caballero.
Descargar todas as imaxes