O alcalde acudirá o 4 de decembro Bruxelas para presenciar a final dos premios Acces City Award
Abel Caballero viaxará o 4 de decembro á capital de Bélxica para presenciar a final dos Acces City Award nos que Vigo xa ten garantido un accésit. A proposta da cidade – a única española que chega á final- foi elixida entre 52 solicitudes e competirá con outras cinco urbes.
O alcalde de Vigo avanzou que o 4 de decembro viaxará a Bruxelas para estar na final dos Access City Award 2019, un premio anual que outorga a Comisión Europea ás cidades máis accesibles. Tal e como reiterou, Vigo é a única cidade española que figura entre as cinco cidades europeas finalistas nestes premios, cunha proposta que foi elixida entre 52 solicitudes e competirá na final no reparto de tres primeiros galardóns e dous accésit coas urbes de Breda (Holanda), Evreux (Francia), Gdynia (Polonia) e Kaspovar (Hungría).
O groso da candidatura de Vigo son as accións encamiñadas á facilitar a mobilidade na cidade, con accións que salvan a súa complicada orografía. En rolda de presa, Caballero fixo repaso dos proxectos en marcha nestes momentos enmarcados no Vigo Vertical e que supoñen un investimento de 4,2 millóns de euros. A humanización de Marqués de Valterra -que inclúe a comunicación vertical entre a rúa e Juan Ramón Jiménez), cun importe de 871.000 euros; a remodelación do parque Camilo José Cela, 2,8 millóns, cun elevador entre Torrecedeira e Pi i Margall que incorpora unha grande estrutura que chegará na primeira quincena de decembro e o ascensor de San Salvador, que rematará en febreiro, cun importe de 524.000 euros.
Outras actuacións xa rematadas son o ascensor de Menéndez Pelayo e as escaleiras de Abeleira Menéndez, mentres que en proxecto están as ramplas de Gran Vía e a peonalización da Porta do Sol. Rematou referíndose ao segundo ascensor de Marqués de Valterra (á altura de Juan Ramón Jiménez) e ao que unirá García Barbón con centro Vialia, ambos en proceso de redacción de proxecto.