O acendido da iluminación será este sábado 24 ás 21,00 horas na Porta do Sol
O alcalde anunciou este venres o adiamento do acendido ante a previsión de choiva o sábado pola tarde e avanza que será "magnífico". As luces de Nadal lucirán a partir das 21,00 h e a partir desa hora funcionarán lanzadeiras de autobús desde o Paseo de Alfonso, a Praza do Rei, Praza España e García Barbón.
O Concello acenderá mañá as luces de Nadal ás 21,00 h, unha hora e media máis tarde do previsto debido ás predicións de choiva que parecen ser menores a partir desa hora. Será un acendido "magnífico" dixo o rexedor en rolda de prensa ao tempo que lembrou que xa estaba disposto todo o operativo: o plan de tráfico, 90 axentes da Policía Local; 10 efectivos de bombeiros con tres vehículos situados en sitios estratéxicos, 100 voluntarios de Protección Civil; ambulancias; 1 posto médico, 1 punto de encontro para persoas e obxectos perdidos; así como reserva de espazo cerca da árbore para persoas con mobilidade reducida.
Segundo con detalles da iluminación, nestes momentos os operarios están a rematar a caixa do regalo -de quince metros de alto - situada na confluencia de Urzáiz e Gran Vía. É a primeira vez que se usa una tecnoloxía de última xeración nun elemento ornamental destas características, explicou. A árbore da Porta do Sol, engadiu, terá un xogo de luces e son que dura 6 minutos aproximadamente e que se irá repetindo cada quince minutos. O son terá 40.000 watios polo que todo o mundo o poderá escoitar.
Para facilitar o transporte, a partir das 21,00 h funcionarán autobuses lanzadeiras desde o Paseo de Alfonso, García Barbón, Praza España e Praza do Rei para trasladalos ao resto de paradas ordinarias. Outras das novidades deste ano será o bus turístico, que realizará percorridos por toda cidade, pasando polos puntos significativos do alumeado, con prezos habituais de transporte urbano e rutas dunha hora de duración.
O alcalde tamén fixo especial mención ao Belén de Nadal que será instalado na Casa das Artes. "É un Belén con figuras venecianas, dunha calidade artística excepcional", engadiu.
O resto de actividades e instalacións do Nadal en Vigo son as seguintes:
Tren de Nadal: inauguración o sábado 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Praza do Progreso.
Tío Vivo: abre o domingo 25 de novembro ás 17:00 horas en Porta do Sol.
A Laxe: acendido da iluminación do Centro Comercial A Laxe o domingo 25 de novembro ás 18:00 horas.
Zona de Neve (pista de xeo): abre o domingo ás 19:00 horas na explanada do Náutico e nos días seguintes instalación da rampla de neve.
Belén de Nadal: inauguración mércores 28 de novembro (18:00 h.) na Casa das Artes.
Poboado do Nadal: apertura o venres 30 de novembro (18:00 h.) na Casa Galega da Cultura.
Casa Papá Noel: desde o sábado 1 de decembro (18:30 horas) na rúa do Príncipe
Panxoliñas: desde o 9 ao 21 de decembro en Pórta do Sol
Mercadiños: na rúa Londres o luns 10 de decembro (18:00 horas) e no Calvario o mércores 19 de decembro (18:00 horas)
Concerto Sacro: venres 21 de decembro na Concatedral (20:30 horas)
Café Solidario: sábado 22 de decembro en Porta do Sol (16:00 horas)
Rondallas: sábado 22 de decembro entre Gran Vía e Porta do Sol (18:00 horas)
Flashmob: domingo 23 de decembro en Porta do sol (19:00 horas)
Concerto MITIC: Venres 28 de decembro no Teatro García Barbón (20:00 horas)
Carteiro Real: Mércores 26 de decembro no Príncipe (18:30 horas)
Banda de Gaitas Xarabal: sábado 29 de decembro entre Gran Vía e Porta do Sol (18:00 horas)
Festa Fin de Ano: luns 31 de decembro na Praza de América (23:30 horas)
Cabalgata de Reis: sábado 5 de xaneiro entre Isaac Peral e Paseo de Alfonso (18:00 horas)
Descargar todas as imaxes