Escoitar

O goberno municipal reservará unha sala do pavillón da ETEA para a ximnasia acrobática

O espazo permitirá que os deportistas seleccionados para representar a España en competicións internacionais poidan adestrar en Vigo antes das citas e, para o alcalde, situará a Vigo como "cidade referente en Europa" desta disciplina.

mércores, 14 nov 2018
1542204559141118Gimnasia.JPG
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con Jorge Méndez, adestrador do Flic Flac e novo seleccionador español de Ximnasia Rítmica xunto a Jesús Carballo, presidente da Federación Española deste deporte e ao presidente da Federación Galega, José Manuel Estévez.

O rexedor comprometeuse a poñer á súa disposición un novo practicable no pavillón de Teis, que custará 25.000 euros e a dedicar, dende o próximo mes de maio, unha sala enteira do pavillón da ETEA á ximnasia acrobática, o que permitirá que os seleccionados para representar a España en competicións internacionais poidan adestrar en Vigo, situando á cidade como "referente en Europa" deste deporte.
Descargar todas as imaxes