Escoitar

Vigo dedica 208.000 euros ao Centro de Emerxencia para Vítimas de Violencia de Xénero

Abel Caballero explicou que renovará o convenio coa Xunta por un ano máis para atender en Vigo a mulleres de toda Galicia. Amais, avanzou a celebración mañá xoves do Pleno para aprobar inicialmente o orzamento de 2019.

mércores, 14 nov 2018
1542204731141118AlcaldeRueda_01.JPG
A Xunta de Goberno Local dará luz verde mañá xoves á prórroga do convenio de colaboración co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a xestión do centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas da Violencia de Xénero por un importe de 208.000 euros. O alcalde puxo en valor o labor que desenvolve o centro na loita contra as violencias machistas atendendo a mulleres de toda Galicia "co financiamento da cidade".

Pleno aprobación inicial orzamento
O rexedor deu conta tamén da celebración mañá xoves dun Pleno Extraordinario para aprobar inicialmente o Presuposto de 2019, "o máis importante e o décimo segundo consecutivo que se aproba desde que son alcalde, no que aumenta a política social, con atención ao deporte, cun nivel de inversión como nunca na historia da cidade e do que estamos moi orgullosos".


Descargar todas as imaxes