Escoitar

O goberno vigués ultima o sistema de designación de 75 altos cargos por concurso<br />

Segundo explicou hoxe mércores Abel Caballero, o proceso iniciado en 2016 culminou coa elaboración do Plan de Ordenación de Recursos Humanos, a negociar coa representación sindical. O texto contempla a elección de oito xefes de área por "libre designación por concurso, con publicidade e motivación" e de 75 xefaturas de servizo e postos A1 e A2, por concurso público interno.<br />

mércores, 14 nov 2018
En acordo cos sindicatos, o goberno de Vigo iniciara en 2016 o análise da Relación de Postos de Traballo do Concello, que culminou na elaboración do Plan de Ordenación de Recursos Humanos, en xullo deste ano, a negociar coa representación sindical.

O citado plan, avanzado hoxe polo alcalde, establece o concurso público interno como sistema de provisión de 75 postos de altos cargos, dos que 44 corresponden a A1 e A2 e outros 31, a xefaturas de servizo. Oito xefaturas de área serán cubertas "por libre designación por concurso, publicidade e motivación", citou Abel Caballero.

O alcalde anunciou a elaboración do plan logo de recibir unha sentencia que anula as bases e convocatoria de catro xefaturas de servizo, unha resolución que non produce cambios a nivel práctico posto que o goberno de Vigo paralizou o proceso de designación destes postos, segundo revelou hoxe Caballero, para ter garantías legais.

A provisión de altos cargos por libre designación estableceuse no 2005, no goberno anterior á chegada de Abel Caballero á Alcaldía, segundo el mesmo anotou en rolda de prensa, pero o Concello paralizou, por cautela, o proceso de nomeamento destas catro xefaturas de servizo, co que a sentenza non conleva "ningún cambio" na práctica.