xoves, 15 nov 2018
O goberno de Vigo clasificou este xoves as ofertas presentadas ao concurso, segundo informou Abel Caballero. Cun orzamento de 5,2 millóns, e cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, a humanización transformará a Gran Vía entre María Berdiales e Venezuela, con ramplas mecánicas no bulevar, mellora da eficiencia enerxética, espazos de descanso e novas redes de agua e saneamento.
xoves, 15 nov 2018
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras na Avenida de Castelao, as rúas Areal, Travesía Escolas Públicas e Pazos mais a Avenida García Barbón entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro. <br />
xoves, 15 nov 2018
Abel Caballero e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, asinaron esta mañá dous convenios de colaboración para darlle pulo ao turismo de calidade e de congresos. O obxectivo é favorecer prácticas de calidade, sostibles económica, social e territorialmente.
xoves, 15 nov 2018
A primeira planta do Concello exhibe desde este xoves unha recompilación de 35 das obras que formaron parte desta década de historia de Mostrarte, na que participaron arredor de 150 artistas. A exposición repasa dez anos de creación artística viguesa nos espazos públicos de Alcaldía, un proxecto co que o rexedor se manifestou comprometido para lograr que a cultura chegue ás maiorías e a todas as sensibilidades. <br />
Aberto o prazo de inscrición
xoves, 15 nov 2018
O Concello organiza o taller de escrita "A viaxe de Navia" para rapazada de 8 a 11 anos, impartido por Xabier Xil Xardón.O obxectivo desta actividade é a elaboración dun relato a partir de situacións, personaxes, pasaxes e pautas dadas.