venres, 16 nov 2018
O Goberno de España cedeu de balde ao Concello o antigo ambulatorio de Teis, en Enrique Lorenzo 54, acordo xa formalizado pola Xunta de Goberno Local . O alcalde anunciou este venres o encargo da redacción do proxecto.
venres, 16 nov 2018
A Policía Local controla unha media mensual de 170 ordes de afastamento de mulleres vítimas de violencia de xénero, unha das accións que desenvolve a unidade da EVAP que fixo ao Concello merecedor dun novo Premio Menina. Trátase da terceira distinción que recibe o Concello pola súa labor na loita contra a violencia machista.
venres, 16 nov 2018
Abel Caballero inaugurou este venres a exposición "Pantoque" no Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo, unha mostra que cualificou coma "excepcional" por converter a sala nun estaleiro. "É a mellor exposición de barcos do mundo", sinalou.