Goberno e FEMP acordan impulsar o turismo de calidade e de congresos
Abel Caballero e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, asinaron esta mañá dous convenios de colaboración para darlle pulo ao turismo de calidade e de congresos. O obxectivo é favorecer prácticas de calidade, sostibles económica, social e territorialmente.
O presidente da FEMP, Abel Caballero, e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, subscribiron esta mañá en Vigo dous acordos de colaboración en materia de calidade turística, por unha banda , no ámbito do turismo de Congresos, noutra. Entre outras cuestións, o primeiro destes acordos prevé a colaboración da FEMP co SICTED no impulso de boas prácticas destinadas ao turismo de excelencia e calidade. A FEMP participa nos foros e abre a porta a que as políticas de Estado nesta materia cheguen a todos os municipios porque é onde se desenvolve a actividade turística.
No tocante ao turismo de congresos, o convenio contempla unha asignación de recursos (25.000 euros anuais e 100.000 en catro anos) para a promoción desas cidades que poidan albergar grandes eventos profesionais porque, segundo explicou, son accións "moi interesantes" ao converter as cidades en "embaixadoras" ás que os congresistas queren volver. Os acordos asinados esta mañá inciden de xeito claro nos obxectivos da Secretaría, subliñou, Oliver, e se concretan en favorecer un turismo de calidade, sostible económica, social e territorialmente.
A Secretaría de Estado de Turismo e a Federación manteñen liñas de colaboración desde hai moitos anos, un nexo, subliñou a titular, que teñen interese en seguir mantendo xa que " a extensión territorial" que a FEMP fai posible "é esencial para estreitar lazos e seguir apostando pola calidade turística".
Logo da sinatura dos convenios, Caballero fixo de embaixador de Isabel Oliver visitando algunhas zonas do centro da cidade, pasando pola rúa Príncipe e o Casco Vello.