Escoitar

O Concello outorga 5.000 bolsas de comedor escolar cun orzamento de 2 millóns de euros

Abel Caballero saudou esta mañá aos alumnos do comedor escolar do CEIP Canicouva nunha visita organizada con motivo do Día da Diabetes. Previamente, en rolda de prensa, o rexedor lembrou que o Concello outorga unhas cinco mil bolsas de comedor cun orzamento de dous millóns de euros.

mércores, 14 nov 2018
1542204475141118Canicouva_02.JPG
O Concello de Vigo concede 5.000 bolsas de comedor escolar para alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria cun orzamento que se eleva a 2 millóns de euros. O alcalde enfatizou que é a administración local a que asuma unha competencia que en realidade lle corresponde á Xunta de Galicia, lembrando que en Andalucía as achegas de comedor as entrega a Comunidade Autónoma. O rexedor fixo estas declaracións antes de saudar aos alumnos do CEIP Canicouva que esta mañá usaron o servizo de comedor, nun acto organizado con motivo do Día da Diabetes.
Descargar todas as imaxes