O goberno de Vigo investirá 650.000 euros na mellora da eficiencia enerxética no rural
O próximo xoves, segundo anunciou o alcalde, o goberno vigués adxudicará o contrato de renovación de elementos de iluminación viaria para mellorar a eficiencia enerxética no rural vigués. Abel Caballero valorou a incidencia desta actuación do Concello na "calidade" da iluminación nas parroquias do rural.
O alcalde de Vigo avanzou este martes que o próximo xoves, 15 de novembro, o goberno local adxudicará o contrato de renovación de elementos de iluminación viaria co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética no rural vigués. O Concello dispón ao efecto de 650.000 euros de investimento.
"Iniciamos unha nova fase de cambio na iluminación do rural, con 650.000 euros", explicou Abel Caballero en rolda de prensa, "o que significa unha importante mellora na calidade e na eficiencia enerxética".
As parroquias do rural serán as principais beneficiarias deste contrato, que suporá a renovación de elementos como columnas, luminarias, cadros de mando e material eléctrico, indicou Caballero.