Vigo estuda o envío de axudas aos campos de refuxiados saharauís
O alcalde mantivo un encontro este luns con representantes da Asociación do Pobo Saharauí que lle relataron a situación de "fame real" que están padecendo nos campamentos.
"Dentro das limitacións temporais dun concello estudaremos o envío inmediato de axudas para facer fronte á situación de fame real nos campamentos de refuxiados", este foi o compromiso que adquiriu Abel Caballero na reunión mantida esta mañá cos representantes da Asociación do Pobo Saharauí. Segundo explicou, precisan axuda de emerxencia para comida ao atravesar unha situación "moi difícil".
O alcalde puxo en valor a cooperación do goberno municipal, da que destacou a axuda de 60.000 euros que recibe a Asociación Pobo Saharauí así como os fondos destinados a ACNUR (20.000 euros), Fundación Mulleres por África (20.000€), Aulas Abertas de Perú (20.000€), Programa mundial del Banco de Alimentos (20.000 euros), Fundación Malembe (20.000 euros), Médicos del Mundo (50.000 euros), UNICEF (20.000 euros).
Descargar todas as imaxes