O Concello inicia a humanización das rúas Roupeiro, Heraclio Botana e Serafín Avendaño
A reforma de tres rúas da contorna de Rosalía de Castro xa comezaron para completar a humanización de toda a zona, segundo informou este luns Abel Caballero. Ademais, a vindeira semana quedará aprobada a reforma do tramo de García Barbón entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Concello xa iniciou as obras de humanización de tres rúas na contorna de Rosalía de Castro e avanzou que a vindeira semana tamén quedará recibirá o visto e prace da Xunta de Goberno o tramo de García Barbón entre Serafín Avendaño e Rosalía.
A reforma das rúas Roupeiro, Heraclio Botana e Serafín Avendaño estarán listas nun prazo de sete meses cun investimento de 487.000 euros, segundo explicou o rexedor na súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Na mesma zona xa foi inaugurada a humanización da rúa Canceleiro o pasado mes de maio e a vindeira semana pasa por Xunta de Goberno a humanización do tramo de García Barbón entre Serafín Avendaño e Rosalía, na beirarrúa fronte á Seguridade Social cun importe de 512.000 euros. Ademais, no Orzamento de 2019 xa está incluído outro tramo de García Barbón, entre Rosalía e Isaac Peral, por 900.000 euros.