O alcalde salienta a "potencialidade" do aeroporto de Vigo
A terminal viguesa rexistrou o pasado mes de outubro un total de 106.639 pasaxeiros, o que supón un incremento de case o dez por cento respecto ao mesmo mes do ano 2017.
"É o cuarto mes consecutivo que Peinador supera os 100.000 viaxeiros", sinalou Abel Caballero destacando o valor desa cifra porque supón que entre xaneiro e outubro deste ano 2018, pasaron polo aeroporto un total de 926.816 persoas, un 5,4% máis que en 2017.
"Estamos case no millón de viaxeiros soamente en dez meses", salientou o rexedor, que manifestou a "potencialidade" da terminal olívica e o éxito inconmensurable" da política de potenciación do aeroporto levada a cabo polo goberno municipal que demostra, ao seu entender, que "cando en Vigo se proporcionan rutas, a cidadanía cólleas e úsaas".