Vigo inviste anualmente máis de 3 millóns de euros nas súas escolas municipais
O alcalde de Vigo informou este luns de que o Concello cubre un gasto medio do 82% do custe dos usuarios das escolas municipais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este luns na súa rolda de prensa os datos de investimento que leva a cabo o Concello nas escolas municipais. Así, o rexedor indicou que o custe total é de 3,8 millóns, dos que 3,1 corren a cargo das arcas municipais.
Caballero fixo referencia así as escolas xestionadas desde o Concello, desde a de Música e a ETRAD ata a de Danza e a de Teatro. Tamén fixo mención ás escolas infantís (Teis, Santa Cristina, Saiáns, Casco Vello, Tomás Alonso, Bouzas, Mestres Goldar e Navia).