Escoitar

O Concello aproba a segunda fase da mellora do barrio de Ribadavia coa reforma das rúas Calazas e Forno

O goberno de Vigo deu luz verde ao contrato de obras da segunda fase da urbanización do PERI de San Roque, que suporá a mellora das rúas Calaza e Forno. O alcalde estimou que este ano estarán contratadas e executadas as obras.

martes, 13 nov 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes en rolda de prensa de que a Xerencia de Urbanismo aprobará este xoves o contrato de obras da segunda fase da urbanización do barrio de Ribadavia para a reforma das rúas Calzas e Forno cun orzamento de uns 250.000 euros.

O rexedor tamén sinalou que a primeira fase, cun importe próximo tamén aos 250.000, euros xa foron reformadas a 1ª e 2ª travesía do barrio, ademais da rúa Churrera e da ampliación do tramo da rúa Barrio de Ribadavia.

Segundo explicou Caballero, a todas estas actuacións hai que sumar a humanización da rúa (fase 1) entre a Praza Isabel Católica e a rúa Couto Piñeiro cun investimento próximo ao medio millón de euros.