Aberto o prazo de inscrición

Obradoiro de escrita A viaxe de Navia

O Concello organiza o taller de escrita "A viaxe de Navia" para rapazada de 8 a 11 anos, impartido por Xabier Xil Xardón.O obxectivo desta actividade é a elaboración dun relato a partir de situacións, personaxes, pasaxes e pautas dadas.

xoves, 15 nov 2018
1542286382escriturarapaces.jpg
Traballaranse as principais técnicas narrativas para construír colectivamente unha historia, e introduciranse elementos transversais como o ecoloxismo, a dicotomía rural/cidade e a igualdade.

O obradoiro ten unha duración de 4 horas, repartidas en dúas sesións, os venres 23 e 30 de novembro, en horario de 17.30 a 19.30 h.

A inscrición é de balde e cómpre formalizala no Servizo de Normalización Lingüística ou a través do correo electrónico: actividades.snl@vigo.org
Descargar todas as imaxes