O tenente de alcalde di que o Rallye Rías Baixas, que será do 2 ao 4 de xuño, é exemplo dunha "gran organización"

xoves, 26 mai 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este xoves na presentación da 47 edición do Rallye Internacional Rías Baixas, que percorrerá diversos concellos do sur da provincia de Pontevedra do 2 ao 4 de xuño. O nacionalista afirmou que, como cada ano, este evento é "un gran acontecemento e unha gran organización", xa que este ano acadou a cualificación de internacional e posibilita a participación de 68 equipos.

Xabier Alonso di que o Campionato de España infantil de baloncesto feminino reunirá aos 32 mellores equipos

martes, 10 mai 2011

Vigo albergará do 19 ao 25 de xuño a maior concentración de clubs da historia en disputa dunha competición dun deporte olímpico de equipo. O 27 Campionato de España de baloncesto infantil feminino celebrarase en catro recintos, Navia, As Travesas, Bouzas e o Polideportivo Universitario, e participarán por vez primeira 32 equipos polo título, con máxima representación galega ao clasificarse o campión de Galicia, Arxil Pontevedra, o Celta Maristas Novacaixagalicia (subcampión autonómico) e o Maristas Coruña, terceiro na Liga Galega.

Xabier Alonso destaca que máis de 350 deportistas participarán este sábado na Festa do Karate en Bouzas

mércores, 4 mai 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes a XXIV Festa do Karate, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de maio no pavillón de Bouzas dende as 17 horas, organizada pola agrupación deportiva Zanshin. O concelleiro nacionalista salientou que serán máis de 350 deportistas os que participarán no evento, de 7 clubs da cidade e as Escolas Deportivas Municipais.

Xabier Alonso anuncia que o Sector do Campionato de España de balonmán cadete feminino comezará o venres no Carballal

martes, 3 mai 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, adiantou este martes que o Sector do Campionato de España de cadete feminino celebrarase o vindeiro fin de semana, do 6 ao 8 de maio, no pavillón do Carballal. Esta competición enfrontará ao Club Carballal con outros tres equipos, de Valladolid, Madrid e Canarias, dos que só o gañador pasará á fase seguinte.

O Concello de Vigo homenaxea ao Octavio-Pilotes Posada polo éxito do seu ascenso á liga Asobal

martes, 3 mai 2011

O alcalde, o tenente de alcalde, e o concelleiro de Deportes recibiron esta mañá aos xogadores e corpo técnico do Octavio-Pilotes Posada para expresarlles os seus parabéns polo ascenso do equipo á liga Asobal de Balonmán. No acto, celebrado no Auditorio Municipal, os tres destacaron o gran traballo feito ao longo da tempada polo club Octavio e ratificaron o respaldo ao club por parte da administración local.

Xabier Alonso di que eventos como a Copa do Mundo de Ximnasia Estética "diferéncianos das demais cidades"

martes, 26 abr 2011

O Club Maniotas, nomeado Vigués Distinguido 2011, organizará no Pavillón Central das Travesas, do 12 ao 14 de maio, a segunda etapa da Copa do Mundo senior de ximnasia estética de grupos, o Campionato do Mundo junior, a segunda etapa da Challenge Cup, proba tamén para grupos junior, e a EUSA Cup, é dicir, a Copa de Europa universitaria, que entra na súa quinta edición e que se celebra de xeito anual.