mércores, 24 abr 2013
O A Copa Vigo cumpre 80 anos ao grande. Vinte equipos masculinos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica e, por vez primeira, seis conxuntos femininos de 2ª Nacional, Liga Galega e Liga Autonómica pelexarán por "un título de avoengo", explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero. "É o torneo de fútbol máis antigo de Galicia, é unha gran Copa, un gran evento, e palabras maiores no ámbito do deporte", sostivo o xefe do gobernó municipal.
martes, 23 abr 2013
Vigo será, por primeira vez en Galicia, sede da Copa de Campións Xuvenil División de Honra, do 5 ao 11 de maio. Este martes tivo lugar o sorteo que determina o calendario para dirimir ao mellor equipo xuvenil de España, entre o RC Celta, o Real Madrid, o FC Barcelona, o Athletic, o Atlético de Madrid, o Sevilla, a UD Las Palmas e o Villarreal.
venres, 19 abr 2013
Abel Caballero, xunto a numerosos concelleiros municipais, inaugurou este venres o novo pavillón polideportivo de Candeán, o terceiro aberto baixo o seu mandato, despois do da ETEA e o de Navia. O recinto conta cun área exterior multiusos e un ximnasio de 150 metros cadrados, cun total de 2,5 millóns investidos.
xoves, 18 abr 2013
A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, e o edil de Deportes, Manel Fernández, respaldaron hoxe xoves a Special Olympics Galicia na presentación no Concello de Vigo dunha nova edición dos seus xogos, que terán lugar o sábado nas Travesas. No evento daranse cita 300 deportistas con discapacidade intelectual.
venres, 12 abr 2013
O alcalde inaugurou este venres Galiexpo Motor Show 2013, o salón referencial do motor que abre hoxe, e ata o domingo, as súas portas no IFEVI con actividades para todos os públicos: animación musical, competición, tuning, recinto infantil e incluso unha pasarela de novos deseñadores galegos. As entradas, a cinco euros.
mércores, 10 abr 2013
Galiexpo Motor Show arrinca este venres no Ifevi co mesmo espazo expositivo (16.000 m2) que nas tres últimas edicións e tras dous anos de ausencia promete o mellor do mercado de España, Francia e Portugal do tuning e numerosas actividades. Así, do 12 ao 14 "Vigo volve recuperar o seu espazo e o pulo en torno a este evento", sostivo o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación de Galiexpo no Concello.
luns, 8 abr 2013
O alcalde de Vigo felicitouse esta mañá luns pola "histórica" posta en funcionamento do pavillón da Etea para uso cidadán. Así o dixo hoxe luns durante o acto de apertura destas instalacións deportivas nas que o Concello investiu 1.060.000 euros.
venres, 5 abr 2013
Despois da aprobación do acordo de xestión da instalación, en favor do Instituto Municipal dos Deportes, o alcalde anunciou que o próximo luns, 8 de abril, entrará en funcionamento este pavillón. Abel Caballero tamén adiantou que o recinto de Candeán abrirá en "próximos dias".
xoves, 4 abr 2013
O alcalde, Abel Caballero, presidiu este xoves unha reunión cos responsables do club vigués, vicedecano do fútbol galego que a próxima tempada cumplirá cen anos e prevé, en colaboración co Concello, a realización dunha serie de actividades para conmemorar esta data.
xoves, 4 abr 2013
Mañá venres, 5 de abril, enfrontaránse o Celta e o Oporto nun partido de fútbol indoor que comezará as 20,45 horas no Pavillón de Navia. Neste terceiro partido da Liga Nacional, o Celta contará coa presenza de dos emblemas do celtismo: Everton Giovanella e Michel Salgado.