Os participantes en carreiras populares pasaron de 4.000 a 10.000 nos últimos 5 anos

martes, 15 xan 2013

O atletismo popular en Vigo pasou de 4.000 participantes en 2008 a máis de 10.000 este ano, tal e como relatou hoxe martes o rexedor, un día no que se entregan os premios do Circuíto de Carreiras Populares 2012. Caballero destacou que a media maratón de Vigo prevista para o mes de maio xa está homologada e avanzou a posibilidade de que Vigo conte nun futuro cunha maratón.

Caballero presentou unha medalla "distintiva de Vigo", que se estreará mañá no Torneo de Reis de fútbol 7 en Samil

venres, 4 xan 2013

A segunda edición do Trofeo de Reis de fútbol 7, previsto para mañá sábado no complexo deportivo municipal de Samil (10:00 horas), presentouse hoxe en Alcaldía con catro equipos invitados máis respecto ao ano pasado (pásase de 17 a 21) e uns 210 xogadores e xogadoras de entre 6 e 11 anos de idade, dado que o torneo é mixto. Xógase en catro campos á vez.

O rexedor presentou o Circuíto de Carreiras Populares, que aspira a levar a 12.000 atletas ás rúas este ano

xoves, 3 xan 2013

O alcalde de Vigo desvelou hoxe a identidade das probas adscritas á quinta edición do circuíto de carreiras populares, que o Concello non só mantén senón que vai a potenciar en 2013 cun incremento dos premios en metálico, sumando unha nova categoría e adherindo máis probas ao programa. "Son nove máis unha", asegurou o rexidor municipal, en relación a que a Media Maratón Cidade de Vigo, prevista para o 12 de maio, "aparecerá próximamente".

Vigo recuperará o domingo 12 de maio a XVI Media Maratón de Vigo

mércores, 2 xan 2013

Abel Caballero avanzou esta mañá que a cidade vai contar de novo coa Media Maratón de Vigo, organizada por última vez en 1999. Así se acordou nun encontro que mantivo esta mañá co atleta olímpico Javier Álvarez Salgado, quen lle avanzou que esta XVI edición desta proba percorrerá o centro da cidade.

O alcalde visita as obras de remodelación de Balaídos, as primeiras desde o ano 1982

venres, 14 dec 2012

Abel Caballero e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, achegáronse hoxe venres ao Estadio de Balaídos para coñecer as obras de remodelación que se están a acometer nas instalacións e que van a converter Balaídos "nun estadio do século XXI". Acompañados polo presidente do club, Carlos Mouriño, o alcalde percorreu o estadio e puxo en valor "un traballo de mantemento que non se facía desde o ano 1982. Felicitou ao Celta "quen sabe que ten todo o apoio que o Concello poida dar". Tamén se amosou partidario de incluir o Museo do Celta dentro da rede museística da cidade.

El alcalde visita las obras de remodelación de Balaídos, las primeras desde el año 1982

venres, 14 dec 2012

Abel Caballero y el concejal de Deportes, Manel Fernández, se acercaron hoy viernes al Estadio de Balaídos para conocer las obras de remodelación que se están a acometer en las instalaciones y que van a convertir Balaídos "en un estadio del siglo XXI". Acompañados por el presidente del club, Carlos Mouriño, el alcalde recorrió el estadio y pujo en valor "un trabajo de mantenimiento que no se hacía desde el año 1982. Felicitó al Celta "quien sabe que tiene todo el apoyo que el Ayuntamiento pueda dar". También se mostró partidario de incluir el Museo del Celta dentro de la red museística de la ciudad.