Caballero di que a Copa Vigo, "o torneo máis antigo", ofrece "alta calidad e emoción" nunha final inédita entre Santa Mariña e Victoria
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por presidentes, directivos e xogadores de varios equipos de fútbol afeccionado da cidade, presentou hoxe a Copa Vigo de fútbol, que en categoría masculina xa coñece os finalistas, Santa Mariña e Victoria, con Balaídos como escenario este sábado día 13 (19,00 horas), e a terceira edición do torneo feminino, que xogará as súas semifinais o día 17 e a súa final o sábado 20. O Concello é o patrocinador do evento, que ten entrada gratuíta á final.
A nutrida representación que acudiu á rolda de prensa "enfatiza a importancia da Copa Vigo de fútbol, explicou o rexedor, pois "non é unha competición calquera, é unha gran competición de fútbol, grande no ámbito de Galicia e no ámbito de España pola tradición e a calidade. Arrinca en 1933 e é o torneo de fútbol máis antigo de Galicia". Para o alcalde esto dálle o xusto valor, aínda que "en Vigo enfatizamos pouco as cousas porque forman parte da naturalidade con que as facemos".
Caballero destacou que a masculina é unha final inédita pois nunca na historia enfrontáronse ambos equipos no partido decisivo, con cinco títulos no palmarés da competición para o Santa Mariña e dous para o Victoria.
En féminas, as semifinais, a partido único, serán El Olivo-Matamá e Alertanavia-Sárdoma o 17. "Non queremos interferir no play-off de ascenso do Olivo, ao que lle desexamos o mellor e que ascenda (xoga este domingo en Navia contra o Oiartzun)", dixo o xefe do goberno municipal. O alcalde lembrou que a versión feminina do torneo copeiro "puxémola en marcha en 2013", con idénticos premios que a masculina: 1.000 euros para o campión e 500 para o equipo finalista.
"Quero invitar a toda a cidade a que acuda a ver a final. Vale a pena ir, é moi bo fútbol, de alta calidade e gran emoción", dixo Caballero.
Enrique González, representante da Federación Galega de Fútbol en Vigo, indicou que o crecente éxito do evento é claro: "Cada vez a competición é máis atractiva, hai un sentimento de viguismo, de fútbol de Vigo, e este é o maior acontecemento da historia para o fútbol local. Un par de equipos quédanse sen xogar por tema de quendas de traballo".
Preguntado o alcalde de Vigo por si houbo dúbidas en canto ao escenario polas obras, Abel Caballero dixo que "tiñámolo asegurado. Tiñamos dúbidas da Vigo Cup, que é máis adiante, pero a Copa Vigo xa sabiamos que se ía a xogar en Balaídos porque non interfería a obra. A obra tiña que estar xa en marcha e que o atraso da Diputación en asinar o convenio paralizou porque está sen contratar ao non ter o convenio asinado. E a Vigo Cup xogarase tamén en Balaídos.
Descargar todas as imaxes