Escoitar

Vigo adica preto de medio millón de euros ao servizo sanitario e de socorrismo nas praias

O alcalde de Vigo asinou hoxe mércores o convenio do Cruz Vermella para a prestación da asistencia de primeiros auxilios e transporte sanitario en dez praias da cidade, do 15 de xuño ao 15 de setembro. O goberno local adica preto de medio millón de euros á atención da seguridade nas praias, unha prestación, que non sufriu ningún recorte nos últimos anos.

mércores, 10 xuñ 2015
Abel Caballero asinou esta mañá con responsables de Cruz Verbella o convenio para que esta entidade se encargue da asistencia sanitaria e primeiros auxilios nas praias. Técnicos sanitarios e unha ambulancia propia vixiarán, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns).

O alcalde lembrou, asimesmo, que o socorrismo tamén estará presente cada día durante os meses de agosto e setembro e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde. Cun importe de preto de medio millón de euros, nos que se inclúen 156.000 euros deste convenio, o servizo será o mesmo que en anos anteriores e contrataránse 60 socorristas, incluídos 25 acuáticos.

Tal e como destacou o rexedor, Vigo mantén as mesmas prestacións en vixiancia de praias que otros anos, mentres que noutras localidades están a recortar este servizo pola crise económica.