Preto de 3.000 familias viguesas solicitan axudas de aluguer, subministros e alimentación
Máis de 2.800 familias solicitaron acceso ao Plan Extraordianario de Axudas -dotado con 2 millóns de euros- para achegas de aluguer, alimentación ou subministros. Estas cifras supoñen, segundo o rexedor, un aumento dun 40% respecto do ano pasado. <br />
O alcalde confirmou hoxe que ata onte martes -último día habilitado para presentar socitudes- os servizos sociais recibiron 2.811 demandas para este plan social, ás que aínda haberá que sumar as que chegen por correo ou a través do rexistro da Xunta. Insistiu en que estas axudas extraordinarias teñen carácter retroactivo e servirán para pagos desde primeiros de ano. Agora, engadiu, os técnicos teñen que facer a valoración "e trataremos de que se resolva o antes posible".