Escoitar

Caballero supervisa a humanización de María Berdiales a quince días de que remate a obra

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu na mañá deste mércores a María Berdiales para supervisar a evolución dos traballos de humanización que acomete o Concello nunha rúa "no corazón de Vigo" que "sufría afundimentos continuos". Nesta visita, avanzou, asimesmo, que a rúa Manuel Núñez terá o tráfico restrinxido para residentes.

mércores, 10 xuñ 2015
1433953401berdiales.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe mércores os traballos de humanización que realiza o goberno local en María Berdiales e Manuel Núñez, cun investimento próximo aos 650.000 euros. Asegurou que esta rúa, "no corazón de Vigo", estaba "absolutamente rota, con afundimentos continuos". Xunto á mellora en superficie, Caballero apuntou que se renovará a canalización de auga e o arborado porque é moi alto e non se adapta á rúa que é moi estreita e con pouca luz luz, explicou.

A reforma contempla a renovación das canalizacións de servizos como o abastecemento de auga ou o alumeado público, ademais de dispor de case un quilómetro dunha nova rede de rego. Segundo trasladou Caballero, a humanización contempla 22 novos puntos de luz con iluminación de baixo consumo, 8 axardinamentos, 120 metros lineais de xardineiras e preto de cincuenta novas árbores.

Na mesma visita, Caballero explicou que a rúa Manuel Núñez será peonil, con tráfico reservardo para residentes e con beirarrúas e calzada ao mesmo nivel.
Descargar todas as imaxes