As instalacións abren en horario ininterrumpido de luns a vernes e os sábados pola tarde e os domingos pola mañán
martes, 8 feb 2005
Do mesmo xeito que outras puntos de lectura da cidade, a Biblioteca Central de Vigo amplía o seu horario durante a época de exames de inverno, é decir, ata o próximo 18 de febreiro.
martes, 8 feb 2005
O concelleiro Ignacio López-Chaves sinalou a recuperación de exposicións ligadas á historia e ao arte da cidade como un dos obxectivos principais do museo "Quiñones de León" para 2005. O museo de Castrelos experimentou un incremento de visitantes do 30 por cen no pasado ano.
luns, 7 feb 2005
A Casa da Xuventude abre unha nova exposición apostando pola xove pintora Gala Fernández, aínda estudiante de Belas Artes en Pontevedra, pero xa veterana como artista e expositora.
xoves, 27 xan 2005
Teñen lugar tódolos venres a partir das 19,30 horas nos recintos dispostos polos equipos participantes.
mércores, 26 xan 2005
A exposición itinerante Titanic the exhibition recalará en Vigo entre outubro e decembro deste ano. A mostra, que xa obtivo un grande éxito en Barcelona e no Porto, reúne elementos orixinais e reproduccións que pretenden facer que os visitantes "se sintan como pasaxeiros" do máis famoso dos Transatlánticos.
luns, 24 xan 2005
A Sala de Exposicións da Casa de Xuventude acolle a partir de mañá unha mostra do pintor Rubén Ledo, concibida, segundo el mesmo, para "adentrar a persoa que observa no seu propio mapa mental".
mércores, 19 xan 2005
Coa presentación deste libro de Bernardo Vázquez Gil péchase o centenario da anexión de Bouzas a Vigo.
luns, 17 xan 2005
A alcaldesa de Vigo e presidenta da Fundación Laxeiro, Corina Porro, e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración polo que Caixanova se compromete a contribuír cun importe de 24.000 euros á catalogación da obra do pintor de Lalín.
mércores, 12 xan 2005
Trátase dunha competición de teatro deportivo entre dez equipos de xóvenes actores que compiten entre sí en combates de improvisación. Comeza o 21 de xaneiro e o 26 de febreiro poderase ver a gran final entre os dous mellores equipos de improvisación teatral da cidade.
luns, 10 xan 2005
Co comezo de 2005, a Casa da Xuventude ofrece unha nova rolda de exposicións artísticas que se prolongará ata o mes de abril. Para principiar o ano, a súa sala de exposicións acollerá, a partir do 11 de xaneiro, os traballos dos estudantes do I.E.S. Politécnico.