xoves, 3 xuñ 2004
A presidenta da Fundación Marco, Corina Porro, e o presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán , asinaron hoxe un convenio, dotado con 150.250 euros, que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades culturais de investigación, educación, formación, conservación, exhibición e difusión da arte e a cultura contemporáneas.
mércores, 2 xuñ 2004
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a exposición de fotografía "SimetríAsimétricA" de Pablo Fontenla que se poderá visitar na Casa Galega da Cultura do 3 ao 28 de xuño.
mércores, 2 xuñ 2004
Cerca de 5000 persoas visitaron a exposición da Reconquista que se presenta actualmente no museo "Quiñones de León" e que se poderá visitar ata o 25 de xullo.A exposición reúne, por primeira vez en Galicia, numerosos obxectos e testemuños da Guerra da Independencia, particularmente de Vigo e o seu acontecemento principal, a Reconquista, acontecido o 28 de marzo de 1809.
mércores, 2 xuñ 2004
O grupo Ensemble Logos sube ao escenario o xoves, día 3 de xuño, para ofrecer un concerto dentro da programación do ciclo de música "Xeración 2000+4" que organiza a concellería de Cultura. O concerto, gratuíto, será ás 20.30 horas no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
martes, 1 xuñ 2004
O mércores, 2 de xuño, o Espacio azul recibirá ós últimos rapaces e rapazas do curso. Ese día remata a actividade Coñece a Laxeiro que a Fundación Laxeiro puxo en marcha no mes de outubro, para nenos de 8 a 11 anos.
venres, 28 mai 2004
A exposición THE LAST PICTURE SHOW: Artistas que usan a fotografía. Tendencias conceptuais de 1960 a 1982, é a exposición que se poderá visitar no MARCO dende o 28 de maio ata o 29 de setembro e trátase dunha producción do Walker Art Center de Minneapolis na que se explora os novos usos e tendencias conceptuais da fotografía durante dúas décadas fundamentais na estética contemporánea.
venres, 28 mai 2004
A cidade de Vigo vivirá o sábado o seu particular "Día da Ciencia na Rua" organizado pola Asociación Amigos da Ciencias e patrocinado pola Diputación Provincial. Neste evento, alumnos de oito centros escolares de Vigo e arredores terán un protagonismo especial xa que desenvolverán experimentos, xogos e demostracións ante o público na rúa das Avenidas – Paseo do Náutico, en horario de 11 a 19 horas.
venres, 28 mai 2004
O Cuarteto de clarinetes DiBaseto será o encargado de dar o concerto de inauguración do festival de música Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar o día 29 ás 20:30 horas no conservatorio de música de Vigo. O cuarteto está formado principalmente por profesores dos Conservatorios de Música de Vigo e nace coa inquietude dos seus compoñentes por dar a coñecer o repertorio de música orixinal para dita formación.
mércores, 26 mai 2004
9 concertos conforman a programación do ciclo de música " Xeración 2000+4" que chega a súa cuarta edición e que presentou hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves e o director do festival e Conservatorio de Superior de Música de Vigo, Roberto Relova, ase como o director territorial de CaixaGalicia, José Manuel Fernández.
martes, 25 mai 2004
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, asinaba esta mañá un convenio de colaboración co real Club Náutico de Vigo para a realización do VII Concurso Rexional de Piano para xóvenes intérpretes co fin de divulgar e fomentar a afección musical entre os máis novos.