Os amantes da poesía urbana teñen unha cita no Sonic Hip Hop Festival

venres, 17 dec 2004

Por primeira vez en Vigo celebrarase un evento totalmente orientado á que moitos denominan a cultura xuvenil do século XXI: o hip hop. Os amantes da poesía urbana e das manifestacións que a acompañan, como o breakdance, teñen unha cita no Sonic Hip Hop Festival, o próximo 29 de decembro no Pavillón de Coia.

Coruxo renderá homenaxe á gamela

martes, 14 dec 2004

A Vocalía do Mar do Centro Cultural de Coruxo (CRAC) e a Asociación de Gameleiros celebrarán o sábado 18 de decembro, en colaboración co Concello, a primeira edición da Festa Gameleira, que ten por obxecto homenaxear a gamela e a cultura mariñeira que a rodea.

O "Día do marqués" achegará aos máis pequenos a época da cesión do Pazo de Castrelos

venres, 10 dec 2004

O próximo día 12 cúmprese o 80 aniversario da doazón do Pazo de Castrelos por parte do marqués de Alcedo. Para conmemorar este evento, o Concello, en colaboración coa Fundación Igual Arte, celebra o domingo o "Día do marqués". Será esta unha xornada dirixida especialmente aos máis pequenos, con contacontos e xogos que pretenderán recrear a época da cesión do museo.