O luns póñense á venda as entradas individuais para o Festival Internacional de Jazz "Imaxina Sons"
O vindeiro luns, 23 de maio, comezará a venda das entradas individuais para asistir aos concertos do I Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons", que desenvolverase entre o 16 de xuño e o 3 de xullo.Ademáis, a última data para adquirir os abonos, dos que xa foron vendidos máis dun centenar, é o sábado 21 deste mes de maio. Os prezos ascenden a 43 euros a butaca; 40 euros o 1º anfiteatro; 37 euros o 2º anfiteatro e 33 euros o 3º anfiteatro.
Por outra banda, xa se atopa pechada a programación do ciclo "Jazz na noite", que terá lugar no pub Quomo, no que actuarán Rao Trío, Fanjazz e Monalisa, e no Manteca Jazz, que acollerá as actuacións da agrupación Cuarteto de la Casa, Seminario Permanente de Pontevedra 1, John Pinone, Seminario Permanente de Pontevedra 2, Sumrra e Terela Grandin Cuarteto.
Así, o xoves, 16 de xuño abrirá o ciclo "Jazz na noite" no pub Quomo o Rad Trío, composto por Germán Díaz á zanfoña, César Díez no baixo eléctrico e Diego Martín na batería. Zanfoña, baixo e batería, á a curiosa formación que utilizan estes tres xóvenes músicos para ofrecer un repertorio singular baseado en temas tradicionais, temas propios e versións de compositores ligados á libre reinterpretación do seu tradición cultural como son Anouar Brahem, Astor Piazzola, Gilles Chabenat ou Valentin Clastrier, entre outros. Trátase dun trío revolucionario e sorprendente no que a zanfoña vaise abrindo camiño no terreo do Jazz e das músicas improvisadas e mostra unha estética particular que defende un estilo que comeza a escoitarse noutros países dentro das músicas de vangarda.
O venres, 17 de xuño, no Manteca Jazz será o turno de Cuarteto de la Casa, integrado por Antonio Lopez "Monano" no piano, Paco Dicenta no baixo eléctrico, Max Gómez na batería e Virxilio Da Silva na guitarra. Este é un grupo de jazz auspiciado polo clube Manteca, onde actúa dúas veces ao mes. Na temporada 2004 2005 recompoñeuse a formación, permaneciendo Paco Dicenta e incorporándose Max Gómez, Antonio López e, posteriormente, Virxilio Da Silva. Dentro do jazz, a agrupación abarca diferentes repertorios, dende temas propios a ocasionais monográficos dedicados a artistas como Pat Metheny ou Wayne Shorter.
O sábado, 18 de xuño, no Manteca Jazz actuará o Seminario Permanente de Jazz e Zé Pedro, integrado, ademais de Zé Pedro como saxo tenor, por Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos no piano, José Ferro no contrabaixo e Max Gómez na batería. Neste concerto, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra quere presentar a Zé Pedro, un dos novos valores do jazz portugués, acompañado dun grupo de alumnos do SPJ. Este concerto xa foi presentado o pasado ano nos Festivais de Pontevedra e Baiona, cun grande éxito da crítica, xa que está a xuntar ós maiores valores do jazz de Galiza e Portugal.
O xoves, 23 de xuño, no pub Quomo, Fanjazz será o protagonista, con Carlos Calviño na guitarra, Javier Constenla no piano, Luis Lorenzo no baixo eléctrico e Toño Romero na batería. No concerto, a través dun repertorio musical que principia no blues, o público percorrerá o camiño que seguiron os diferentes estilos musicais do século XX e como éstes víronse influenciados e misturados con outras músicas. Trátase dunha mostra da experencia musical do home ao longo do derradeiro século, no que a música acadou un grao de globalización sen precedemtes (a música gravada e a radio fixérono posible). A través dos temas que tocarán emerxerán estilos fusionados, a improvisación, o jazz, o rock, o pop, as influencias africanas (reagge), brasileiras (bossa), latinas (son). Músicas que xa forman parte da memoria de todos nós.
O venres 24 de xuño, o Manteca Jazz acollerá a actuación de John Pinone, integrado por Javier Adán Nieto na guitarra eléctrica, Carlos Pérez Cruz na trompeta, fliscorno e voces e Santiago Rapallo na batería. Baixo o nome de John Pinone agrúpase un xoven trío que combina o jazz máis experimental e libre con resonancias clásicas e influenzas do rock e un humor irreverente. Creado no 2004, John Pinone foi selecionado polo Injuve (Instituto de la Juventud) para o seu circuito de jazz de 2004, participando nos festivais de Jazz de Getxo e Ibiza, entre outros.
O sábado, 25 de xuño, tamén no Manteca Jazz, actuará de novo o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, pero nesta ocasión cunha formación distinta, integrada por Pablo Castaño como saxo alto, Antonio Otero como saxo tenor, Telmo Fernández na guitarra, Seir Caneda no piano, Diego Pérez no contrabaixo e Hilario Rodeiro na batería. Nesta ocasión, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, por medio deste combo de alumnos, quere render un homenaxe a Wes Montgomery, interpretando unha ampla selección do seu repertorio en formato de sexteto. Neste grupo de alumnos están representadas tres das catro provincias galegas, o que ven a destacar a importancia do SPJ na formación da terceira xeración de músicos de jazz de Galicia.
O xoves, 30 de xuño, no Pub Quomo terá lugar a actuación da agrupación MonalisaRarajazz, integrada por Mónica de Nut, a voz, Gabriel Celester na guitarra, Kendry Gonzalez no baixo eléctrico, Diego Valero na batería, Antonio López no piano e
Diana Tarin na percusión. MonalisaRarajazz formouse hai un ano como banda permanente do local Cafe La Galeria, con gran acollida de publico. A súa musica esta influenciada especialmente polo latin jazz, pero tanto os arranxos como as composicións propias dan lugar a unha estética diferente e fresca que non se pode etiquetar con facilidade, como o soriso famoso da Gioconda.
O venres, 1 de xullo, no Manteca Jazz será o turno de Sumrrá, formado por Manuel Gutierrez no piano, Xocobe Martínez no contrabaixo e L.A.R. Legido na batería.Sumrrá naceu no verán do 2001, como consecuencia dunha serie de contactos dos tres implicados en numerosas jam sessions. Dende o primeiro momento xurde unha forma natural de acoplarse, de crear, de facer música, polo que podría decirse que Sumrrá nace do azar e da espontaneidade e o seu traballo sobre composicións orixinais implica que o grupo está inmerso nun proceso constante de retroalimentación creativa. A formación ten un primeiro disco no mercado, que foi gravado no ano 2002 e editado baixo título homónimo pola discográfica compostelana Madame Mir no 2003 e na primaveira deste ano 2005 veñen de gravar o seu segundo disco, cuxo repertorio está xa preparado e poñéndose a proba en directo.
Finalmente, o sábado, 2 de xullo, no Manteca Jazz pechará o ciclo "Jazz na noite" Terela Grandin Cuarteto, integrado por Terela Gradin, a voz, Manuel Gutiérrez no piano, Alfonso Morán no contrabaixo, e Ramón Angel Rey na batería.Trátase dun grupo de recente formación, malia que composto por músicos cunha longa experiencia profesional e liderado pola xoven cantante galega Terela Gradin, algo mais cunha promesa no Jazz galego, unha sorprendente música. O seu repertorio inclúe temas clásicos de Jazz (Cole Porter, Miles Davis, Wayne Shorter, etc.), versións de temas de compositores actuais (Sting, Radiohead, etc.) e composicións orixinais, unificados estilisticamente polo concepto sonoro do grupo e as aportacións creativas dos seus membros. Na actualidade, Terela Gradín ven de gravar o seu primer disco: Lost.
Ademáis, desta programación de "Jazz na noite", diferentes zonas da cidade, como poden ser o centro, o Calvario, a praza da Independencia, Bouzas ou Montero Ríos tamén serán escenario das actuacións musicais dentro do programa de "Pasarrúas".
Así, Dr. Macarroni Latin-Jazz Bras actuará o venres 17, o sábado 18 e o domingo 19 de xuño; Los Krokodrillos o fará o venres 24, o sábado 25 e o domingo 26 de xuño e Spirits Jazz Band o fará o venres 1, o sábado 2 e o domingo 3 de xullo.
Descargar todas as imaxes