luns, 16 maio 2005

Bando do Día das Letras Galegas

luns, 16 mai 2005

Con motivo do día das letras galegas o Concello de Vigo publica un bando que foi redactado polo alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, Benito Pérez González. Nel destaca a creación do Consello Social da Lingua Galega por parte do Concello e aboga por seguir mantendo un compromiso coa lingua impulsando o uso do galego entre a cidadanía.

O mércores comeza o pintado horizontal en 29 rúas

luns, 16 mai 2005

O departamento de Tráfico ten previsto realizar traballos de sinalización horizontal en 29 rúas da cidade.Os traballos comezarán o mércores 18 de maio e está previsto que rematen o 15 de xuño.