venres, 20 mai 2005
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo continúa apoiando a través de diversas actividades a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués a obra mestra da humanidade, distinción que concede a UNESCO.
venres, 20 mai 2005
Este festival musical terá lugar na Cidade Universitaria o día 8 de xullo e traerá a varios dos mellores dj’s de España. Unha terceira parte da recadación será doada á Asociación Española contra o cancro.
venres, 20 mai 2005
A Comisión Permanente do Plan Local de Drogas , presidida pola concelleira de Benestar Social , Marta Iglesias, acordou elaborar un novo documento do Plan para o período 2006-2008 .
venres, 20 mai 2005
As dúas vindeiras sesións do ciclo "Polos mares de Galicia", que terán lugar no salón de actos da Casa Galega de Cultura o luns e o mércores da vindeira semana, días 23 e 25 de maio ás 20.00 horas, estarán dedicadas á importancia do ecosistema mariño galego e aos protagonistas das xestas náuticas.
venres, 20 mai 2005
Unhas 450 persoas participarán na novena edición dos Xogos Autonómicos de baloncesto Special Olympics Galicia, que se celebrará nos pavillóns das Travesas e de Balaídos. O obxectivo destes Xogos é estimular as persoas discapacitadas para que se superen.