Escoitar

Bando do Día das Letras Galegas

Con motivo do día das letras galegas o Concello de Vigo publica un bando que foi redactado polo alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, Benito Pérez González. Nel destaca a creación do Consello Social da Lingua Galega por parte do Concello e aboga por seguir mantendo un compromiso coa lingua impulsando o uso do galego entre a cidadanía.

luns, 16 mai 2005
O Concello de Vigo súmase á celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Lorenzo Varela , coa publicación dun bando ademáis da realización de actividades que se veñen producindo ao longo de todo o mes de maio, como a recente saída do Correlingua, na que participaron 3.000 nenos da cidade.

O conxunto de actividades que o Servizo de Normalización lingüística do Concello ten previstas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas complétase cunha serie de concertos en colaboración coa Escola Municipal de Música. Os concertos, de carácter didáctico, centraranse na obra de Smetana "Ma Vlast". Será o 19 e o 26 de maio ás 20:00 horas, no Verbum e no Auditorio do Centro Cívico de Teis, respectivamente.

Ademais, o apartado de Lingua da páxina web do Concello ofrece información de recursos e ferramentas para coñecer o galego e traballar en lingua galega.

Máis información