xoves, 30 set 2004
O festival musical "Are More" ten dende mañá as entradas e abonos á venda, que poderán adquirirse, ben vía telefónica, ou a través da páxina web de Caixa Galicia.
martes, 28 set 2004
Coas mostras de artistas tan prestixiosos coma Marcel Duchamp, Andy Warhol ou Richard Hamilton, MARCO acerca aos vigueses unha exposición procedente dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC), que consta de 117 obras entre esculturas, pinturas, instalacións e material audiovisual. "O estado das cousas. O obxeto na arte de 1960 aos nosos días" estará en Vigo ata o 9 de xaneiro.
venres, 24 set 2004
Coa exposición da obra de Ángela de la Cruz, o MARCO inaugura o programa de exposicións do Espacio Anexo, unha sala de proxectos coas súas características e elementos distintivos, que funcionará como contrapunto á programación principal, dando cabida e apoio ás obras dos autores locais e autonómicos.
mércores, 15 set 2004
O certame, que terá lugar do 16 de outubro ao 15 de decembro na cidade, ofrecerá un total de 18 espectáculos de música vocal, baixo un orzamento municipal de 575.742 euros.
martes, 14 set 2004
A Escola Municipal de Artes e Oficios oferta máis dunha veintena de actividades de temática variada, dirixidas a xoves e adultos e totalmente gratuítas. A matrícula para o vindeiro curso permañecerá aberta dende o mércores e ata o 27 de setembro.
mércores, 1 set 2004
A Casa Galega da Cultura abre ás súas portas á expresividade en estado puro. Así, e baixo o título "A escultura vista con ollos sinxelos", a exposición do escultor Pedro Dobao, poderá ser visitada do 3 de setembro ao 3 de outubro. Un espacio para a imaxinación máis dramática da man dun total de 13 obras do autor.
venres, 27 ago 2004
Os actos de homenaxe ao poeta, propostos pola Xunta de Voceiros Municipais na súa sesión do 24 de xuño e aprobados polo Pleno da Corporación, darán comezo o vindeiro martes 31 de agosto.
martes, 17 ago 2004
Entre o martes 10 e o xoves 12 de agosto o museo municipal de Vigo rexistrou 842 visitas, o que pon de manifesto o reclamo turístico de Castrelos para os visitantes foráneos.
venres, 23 xul 2004
As actividades realizadas polo Museo Municipal de Vigo no 2004, fixeron posible incrementar en 3.000 o número de visitantes respecto ao ano pasado. Unha cifra que supón preto das 13.000 visitas nos meses de xaneiro a xullo.
mércores, 14 xul 2004
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentaba esta mañá a exposición do pontevedrés Jorge Castillo, que poderá ser visitada dende o venres ata o 12 de setembro na planta baixa da Casa das Artes de Vigo.