martes, 26 abr 2005
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, asistiu á presentación á prensa da curtametraxe "Un día perfecto", filmada por un grupo de mozos vigueses en diversas localizacións da cidade e do seu contorno. A película será presentada ao público o próximo xoves no Sete Mares.
luns, 25 abr 2005
No marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto", estará dedicada durante o mes de maio ao escritor danés Han Christian Andersen, que este ano centrou a conmemoración do Día de Literatura Infantil e Xuvenil.
venres, 22 abr 2005
O Festival Sinsal continúa coa súa programación de primavera coas actuacións, o próximo luns 25 de abril no Teatro Salesianos, das bandas estadounidenses Low e Kid Dakota e a cantante canadense Nina Nastasia.
mércores, 20 abr 2005
O Museo MARCO ofrece do 21 de abril ao 13 de maio no seu Salón de Actos un ciclo de cine dedicado a José Val del Omar, un dos autores máis importantes do cine experimental.
martes, 19 abr 2005
A Casa das Artes acollerá do 21 de abril ao 5 de xuño a exposición "Vigo. Tradición e Fe", que reúne obras de arte sacra presentes en procesións, romarías e outras expresións públicas de relixiosidade.
venres, 15 abr 2005
No marco das actividades de potenciación do galego que se están a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, durante os meses de abril, maio e xuño desenvólvese un curso de perfeccionamento do galego e outro de iniciación.
xoves, 14 abr 2005
Este fin de semana, MARCO presenta unha programación especial que baixo o título "EN TORNO A JOHN CAGE" intenta divulgar e achegar ao público a personalidade e a obra dunha das figuras máis influíntes na historia da arte do século XX.O concerto terá lugar no salón de actos do museo, con entrada gratuíta ás 20:00 horas.
xoves, 14 abr 2005
A exposición, que permanecerá aberta ata o 14 de maio, presenta unha exposición representativa dos cascos de combate do século XX.
luns, 11 abr 2005
O Museo "Quiñones de León" organiza do 12 ao 29 de abril un programa didáctico sobre a exposición "A mirada de Goya" que se amosa no devandito espazo municipal.
xoves, 7 abr 2005
Exposicións temporais, programas didácticos, cine, concertos e unha xornada de portas abertas conforman o conxunto de actividades que terán lugar no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) durante os próximos cinco meses.