En marcha o servizo de lectura de cómics do Verbum
Máis de 300 das últimas novidades do cómic europeo, xaponés e americano é un bo reclamo para os amantes da viñeta e o servizo de lectura de Verbum está a ser todo un éxito polo momento.
O Museo Verbum ten xa en marcha o servizo de lectura de cómics que forma parte das novas actividades de verán. A Casa das Palabras adquiriu máis de 300 cómics, todas novidades presentadas no Salón do Cómic de Barcelona deste último ano e mesmo edicións especiais a raíz dalgunhas estreas cinematográficas tales como Lucky Luke, Batman Beguins ou Sim City.
O horario para acceder a este fondo de novidades no mundo dos tebeos é o mesmo que para visitar o Verbum, de 10 a 21 horas, de luns a venres. Ata o momento, a afluencia de público interesado está a ser boa, xa que a mostra conta coas últimas novidades do cómic xaponés, norteamericano e europeo.
As persoas que acceden a este servizo de lectura poden responder a unha breve enquisa que o persoal do Verbum fai en relación aos servizos que, dentro do mundo do cómic, gustaríalles reclamar no futuro, tales como exposicións, cursillos ou obradoiros.
O Verbum quere tamén recordar que mañá sábado terá lugar o obradoiro sobre o Quixote dirixido por Anxo Fariñas e que tratará de achegar aos rapaces ao mundo da lectura e, por suposto, á figura do Quixote. A actividade consistirá na actuación dun contacontos moi particular e a realización de diversos xogos e actividades, así como a divulgación dos contos elaborados por Anxo Fariñas e dirixidos aos nenos onde, baseándose en historias ou personaxes do Quixote, o debuxante inventa historias onde sempre están presentes os valores que desprende a obra de Cervantes: a fantasía, a imaxinación, o humor ou o realismo de personaxes como Sancho Panza. Os nenos participantes serán agasallados por un exemplar da obra do escritor.
A noite de hoxe venres haberá unha actuación no tellado do Verbum que sorprenderá aos transeúntes que paseen polas inmediacións de Samil nesas horas. A sorpresa terá lugar ás 22,15 horas e farase con motivo da posta de sol.