Chano Rodríguez realizará a nado a travesía Cíes-Samil
A exhibición terá lugar o domingo dende as sete da mañá. O nadador paralímpico recorrerá máis de dez quilómetros de ría, entre ondas e corrente para chegar a Samil nun tempo estimado de seis horas.
O concelleiro Antonio Coello presentou hoxe a travesía a nado que o medallista paralímpico Chano Rodríguez fará este domingo entre as illas Cíes e o porto de Samil, que lle levará ao deportista preto de seis horas nun percorrido de case 11 quilómetros.
O concelleiro resaltou o exemplo do deportista e o seu afán de superación, que o converte por medio do deporte nun exemplo para a mocidade pola súa disciplina, esforzo diario e calidade humana.
Chano Rodríguez explicou que a travesía será especialmente dura xa que é un velocista e o reto sería máis adecuado para un fondista pero que realiza por fin esta proba xa moitas veces comentada entre os seus íntimos por un triple motivo: "En primeiro lugar un motivo pragmático que é o de darse a coñecer e buscar novos patrocinadores para as olimpíadas de Pekín 2008. Por outro lado, o fago para que a cidade de Vigo poida verme nadar, xa que os campionatos internacionais onde participo nunca se celebran aquí. E por último, neste ano centenario de Julio Verne, escritor que me acompañou dende pequeno e que reflectiu nas súas obras o estreito de Rande xa que coñeceu estas terras, quero facelo como pequena homenaxe ao escritor".
A travesía comeza ás sete da mañá e prevese que Chano poida chegar ao porto do Camaleón ás doce do mediodía. Algúns tramos serán retransmitidos en directo e os afeccionados poderán velo dende o porto en pantalla xigante. Ademais, haberá lanchas que recollerán a nenos da praia para que acompañen algúns tempo ao nadador, así como un barco situado nos últimos metros para que os nadadores que o desexen poidan facer o tramo final xunto ao deportista.
Segundo Chano Rodríguez a dificultade principal á que se enfronta é o frío, principalmente o risco de hipotermia nas pernas, que permanecen inmóbiles e que podería derivar en convulsións obstaculizando moito a travesía.
Descargar todas as imaxes