A colaboración entre o Concello e a Universidade de Vigo permite a un estudante facer prácticas no museo de Castrelos
O Museo Municipal Quiñones de León xa ten un estudante en prácticas que se beneficia do acordo asinado recentemente pola alcaldesa, Corina Porro, en representación do Concello, e polo reitor da Universidade de Vigo, Domingo Docampo.
O obxectivo destas prácticas é facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado universitario nas áreas operativas do Museo Municipal Quiñones de León, que son as de Arte, Historia e Arqueoloxía, principalmente de Vigo e de Galicia.
O programa de prácticas busca unha relación entre a formación universitaria do alumno e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na Universidade de Vigo. Con isto quérese promover o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral dos que están en camiño de obter unha titulación universitaria.