Os grupos políticos aproban un acordo conxunto sobre os falsos túneles do segundo cinto
O Pleno da Corporación Municipal deu o seu visto bo a unha moción de urxencia acordada polos voceiros dos grupos municipais, na que se comprometen coa Comisión de Seguimento do segundo cinto.
Este compromiso inclúe a elaboración dun acordo conxunto entre os catro partidos con representación municipal, no que se pida ao Ministerio de Fomento a redacción dos proxectos constructivos dos falsos túneles, e no que se demande do Concello a inclusión destes no Plan Xeral de Ordenación Municipal como alegación, buscando o financiamento necesario para a súa construcción.
Ademais, a proposta dos voceiros avoga por conseguir que Fomento leve a cabo as propostas reivindicativas do Grupo de Seguimento, concernentes ás conexións do segundo cinto, reposición de servizos e a seguridade.
Outros acordos
Ademais, o Pleno aprobou inicialmente a ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións do termo municipal de Vigo.
Por outra parte, os grupos políticos deron luz verde ao inicio do procedemento de constitución dunha sociedade municipal para a xestión urbanística, co obxecto e alcance que nese proceso se determine. Por este mesmo acordo constituirase unha Comisión especial para a redacción dunha Memoria que determine, entre outros puntos, a situación actual da xestión urbanística e a conveniencia e oportunidade da creación desta sociedade.