Escoitar

Os Trofeos Cidade de Vigo e Rodosa volven a Samil coa súa IV Edición

A semana do 30 de xullo ao 7 de agosto o mellor tenis feminino volverá ao complexo de Samil coa IV edición dos trofeos Cidade de Vigo e Rodosa, que se están a consolidar na cidade e prometen ampliar a súa dotación económica nos anos sucesivos.

martes, 26 xul 2005
1122382226tennis.jpg
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe a IV edición dos Trofeos Internacionais femininos "Cidade de Vigo" e Rodosa, que se celebrarán conxuntamente no Complexo Deportivo de Samil entre os días 30 de xullo e 7 de agosto.

A concelleira salientou que este trofeo, puntuable para o WTA Tour e incluído no calendario de Tennis Europe e a International Tennis Federation (ITF), é un referente para as novas promesas galegas e fundamental para poder introducirse no ranking mundial.

A concelleira e o presidente da Federación Galega de Tenis coincidiron en que este torneo se está a consolidar ofrecendo tenis de calidade na cidade e que se os patrocinadores o permiten, en anos sucesivos se ampliaría o premio en metálico, dos 10.000 $ actuais a 25.000 dólares, co que o torneo vigués converteríase nun dos máis importantes de España.

Todos os partidos do torneo xogaranse ao mellor de tres sets, cunha fase previa individual de 64 tenistas das que 32 pasarán á fase final. A fase final de dobres constará de 16 parellas.
Descargar todas as imaxes