Escoitar

O director de navegación da Volvo Ocean Race, Jeremy Troghton, participa nunha mesa redonda sobre os deportes náuticos

A quinta sesión do ciclo "Polos mares de Galicia", que terá lugar o mércores 1 de xuño no salón de actos da Aula Sociocultural da Fundación CaixaGalicia ás 20.00 horas, contará cun invitado de excepción, como é o director de navegación da Volvo Ocean Race e responsable de seguridade dos equipos participantes desta regata, Jeremy Troughton.

martes, 31 mai 2005
1117456392jere.jpg
Jeremy Troghton
Na mesa redonda, que será presentada polo periodista e redactor xefe de Faro de Vigo Benigno de la Torre Malvido, participará tamén o navegante e periodista Alejandro Alonso.

Deste xeito, a saída dende o Porto de Vigo o vindeiro mes de novembro da regata máis prestixiosa que se disputa actualmente serve como punto de referencia para abordar, nunha mesa redonda, as xestas máis épicas dos navegantes deporticos. Na navegación oceánica conflúen as circunstancias máis duras dunha actividade deportiva, como é para os navegantes solitarios, o feito de enfrontarse sen máis axuda que as súas propias forzas, contra a inmensidade do mar, contra a soidade. En tales circunstancias, mesmo a máis leve dificultade pódese tornar nunha severa adversidade.

Pero a navegación oceánica colectiva tampouco é unha práctica doada: a convivencia nun espazo tan reducido durante tanto tempo, a necesidade dunha sincronización de pensamento e acción, dunha compenetración de todos os membros do equipo, convirten unha regata oceánica nunha das probas máis difíciles.

Neste sentido, o responsable de navegación da Volvo Ocean Race 2005-2006, Jeremy Troughton, pode aportar a súa experiencia, xa que conta con máis de nove anos de traxectoria profesional no mundo da vela. Ademáis, foi o patrón máis xoven no BT Global Challenge 2000-2001.


Pola súa banda, Alejandro Alonso Estévez é membro do comité de cruceiros da Federación Galega de Vela e regatista habitual no circuito galego e español de cruceiros dende 1980. Ademais, ten sido tripulante en diferentes barcos, dos temporadas a bordo do Portos de Galicia como trimer de mayor, patrón de cruceiros e especialista en navegación baixo a aplicación Maxsea.
Descargar todas as imaxes