O Imaxina Sons, que se celebrará do 23 de xuño ao 4 de xullo, integra o Auditorio Municipal na programación

xoves, 29 abr 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves o festival de jazz Imaxina Sons, que se celebrará do 23 de xuño ao 4 de xullo en diversos espazos da cidade, como o recén reformado Auditorio Municipal. O nacionalista salientou que nesta sexta edición o festival "non se pon límites" e aínda que se centra no jazz europeo tamén fai incursións no jazz latinoamericano.

No verán comenzarán as obras do edificio do Centro Galego de Fotografía

mércores, 21 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o proxecto arquitectónico do Centro Galego de Fotografía, xunto aos concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e Cultura, Xesus López. Destacou que a nova instalación cultural terá un edificio singular, que combinará contorno histórico e modernidade, e avanzou que o obxectivo e iniciar as obras no verán.

O Verbum conmemora o seu séptimo aniversario con xornadas de portas abertas ata o 25 de abril, teatro e obradoiros

luns, 19 abr 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do Verbum-Casa das Palabras, Rosendo Covelo, presentaron este luns a programación que se desenvolverá no museo con motivo do seu séptimo aniversario. Explicaron que do 20 ao 25 de abril serán xornadas de portas abertas e estes días haberá tamén espectáculos teatrais e obradoiros para todos os públicos, así como o XV Congreso de Ponte nas Ondas e unha actuación no marco do Festival Sinsal.

XVI edición de Ponte ...nas ondas!

xoves, 15 abr 2010

O vindeiro 16 de abril emitirase a través da Web www.pontenasondas.org a XVI edición de xornada de comunicación interescolar Ponte…nas ondas! 2010. O tema desta edición ten como lema O TESOURO DOS AVÓS e vertebra o traballo dos centros educativos arredor da figura dos avós. Ponte….nas ondas! dá continuidade aos traballos realizados na XV edición que estiveron centrados no recoñecemento dos Tesouros Vivos do patrimonio cultural galego-portugués.

Xesus López anuncia un obradoiro de creación artística da Fundición Nautilus que dará orixe a unha exposición

mércores, 14 abr 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este mércores que do 19 de abril ao 21 de maio a Casa das Artes acollerá un obradoiro de creación artística realizado con material de refugallo, "Vigo Pleamar" organizado pola Fundición Nautilus. Para participar no proxecto é preciso facer unha inscrición previa e coas obras de arte resultantes se organizará unha exposición na Praza de Compostela ao longo do verán.

O tenente de alcalde anuncia o investimento de 256.000 euros para a remodelación do auditorio de Castrelos

martes, 13 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes o investimento de 256.000 euros a cargo do Plan FEIL 2010 para o desenvolvemento das actuacións de reforma e mellora do auditorio municipal de Castrelos. O concelleiro salientou que é unha actuación necesaria para reparar os desperfectos causados polo paso do tempo e pola falta de mantemento do anterior goberno local. O obxectivo é que as obras estean rematadas para o inicio da temporada de concertos, que abrirá Norah Jones o 14 de xullo.

Charla e exposición de orixinais do debuxante vigués Alex Cal na Biblioteca de Vigo

venres, 9 abr 2010

O sábado 10 de abril de 12 a 13:30 o debuxante Alex Cal dará unha charla coloquio na sala de audiovisuaies da Biblioteca Pública Central de Vigo, situada en Joaquín Yáñez nº 2. Ademais durante este mes poderase ver unha mostra de orixinais do dubuxante expuestos na biblioteca. Alex Cal é o español mais xove en publicar e traballar para a Marvel facendo un número da serie Spiderman no ano 2008. En España están editados o seu numero de Spiderman e a serie North Wind, este último por El Patito Editorial.

Espectáculo teatral no Verbum para todos os públicos

xoves, 8 abr 2010

O vindeiro domingo 25 de abril o museo Verbum celebra o seu VII ANIVERSARIO. Para conmemoralo o museo oferta un espectáculo teatral especialmente deseñado e producido para o Verbum, que axudará a ampliar o panorama cultural e artístico da exposición permanente, verdadeira protagonista da representación. A representación terá lugar os días 10,17,23,24 e 15 de abril con sesións ás 12.00 e as 18.00 horas